11 de nov. de 2012
19 de set. de 2012
Validacións: Prazos e documentación
Procedemento de validacións
Requisitos:Deberá estar matriculado nun centro docente autorizado e presentar a solicitude de validación perante a dirección do centro educativo dentro dos primeiros 20 días de inicio das clases. No caso de centros privados, a dirección deste dará traslado das solicitudes ao centro público ao que estea adscrito, no prazo de cinco días hábiles.
Documentación necesaria:
A solicitude formalizarase no modelo de instancia establecida para tal efecto no anexo XIV da Orde do 12 de xullo de 2011. Acompañarase de:
- Fotocopia compulsada do DNI.
- Certificación académica oficial dos estudos cursados, segundo o anexo X da Orde do 12 de xullo de 2011 ou de certificado de profesionalidade ou da acreditación parcial a que se refire esta orde.
- O alumnado que teña estudos universitarios deberá achegar os programas daquelas materias cursadas que podan ser validables polos módulos profesionais.
Formulario de solicitude de validación
18 de set. de 2012
Horario de clases 1º C.S.M.E. curso 2012/13
F.O.L. :
Formación e orientación laboral.
C. Analóxic :
Circuítos electrónicos analóxicos.
Tec_ProcMont:
Técnicas e procesos de montaxe e mantemento de equipamentos electrónicos.
E. Microprog :
Equipamentos microprogramables.
Mto.Equip:
Mantemento de equipamentos de electrónica industrial.

14 de set. de 2012
Perda do dereito á avaliación continua
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32195
1. Conforme se determina no artigo 25 da Orde do 12 de xullo de 2011, o número de faltas que implica a perda do dereito á avaliación continua nun determinado módulo será do 10 % respecto da súa duración total. Para os efectos de determinación da perda do dereito á avaliación continua, o profesorado valorará as circunstancias persoais e laborais do alumno ou da alumna na xustificación desas faltas, cuxa aceptación será acorde co establecido no correspondente regulamento de réxime interior do centro.
Para tales efectos, e con carácter previo, o centro enviará un apercibimento ao alumno ou á alumna cando as faltas de asistencia inxustificadas consonte o anterior nun determinado módulo superen o 6 % respecto da súa duración total. Nel indicarase que perderá o dereito á avaliación continua no módulo de acumular un 10 % de inasistencias inxustificadas con respecto á súa duración total. Cando as faltas de asistencia alcancen a citada porcentaxe comunicarase a perda do dereito á avaliación continua. No caso de que se produza a perda do dereito á avaliación continua, na secretaría do centro deberá quedar constancia do apercibimento e da comunicación da perda do dereito á avaliación continua.
2. Para o alumnado matriculado logo de iniciadas as actividades lectivas, non se terán en consideración as sesións previas á formalización da matrícula.
3. O alumnado que perdese o dereito á avaliación continua nun determinado módulo terá dereito a unha proba final extraordinaria previa á avaliación final de módulos correspondente, de acordo co establecido no artigo 25.5 da Orde do 12 de xullo de 2011. A cualificación obtida na devandita proba consignarase na avaliación final de módulos do curso correspondente. O devandito alumnado non terá dereito a realizar para eses módulos as correspondentes actividades de recuperación a que se refiren os artigos 29.3, 31.4 e 34.3 da Orde do 12 de xullo de 2011, e no caso do segundo curso do réxime ordinario non terá acceso ao módulo de formación en centros de traballo no período ordinario.
Se queres consultar as horas asignadas a cada módulo preme aquí

13 de set. de 2012
Baixa da matrícula.
Artigo 10.
Baixa da matrícula.1. Logo de iniciadas as actividades lectivas, o centro realizará a baixa de oficio da matrícula cando un alumno ou unha alumna non asistan inxustificadamente á clase durante o resto do curso académico de xeito continuado por un período superior a 15 días lectivos ou, de xeito descontinuo, por un período superior a 25 días lectivos. Para tales efectos, deberá quedar constancia na secretaría do centro da comunicación ao alumno ou á alumna desta circunstancia administrativa.
2. A baixa de oficio suporá a perda da condición de alumno ou de alumna do ciclo formativo, e a correspondente convocatoria computarase como xa consumida. A reincorporación ás mesmas ensinanzas requirirá someterse a un novo proceso de admisión.
3. Contra a resolución da baixa de oficio da matrícula, a persoa solicitante poderá presentar recurso de alzada perante o xefe ou a xefa territorial no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. A devandita resolución esgotará a vía administrativa.
4. As solicitudes voluntarias de baixa de matrícula por parte do alumnado, con posterioridade á data límite para solicitar a anulación de matrícula a que se refire o artigo anterior, terán os mesmos efectos que as baixas de oficio.
Anulación da matrícula.
Artigo 9.
Anulación da matrícula.
1. Se durante os cinco primeiros días lectivos do curso se observase a inasistencia de determinados alumnos ou alumnas, o centro docente requiriralles por escrito a súa inmediata incorporación nun prazo máximo de tres días contados desde a data de recepción da notificación e comunicaralles que, en caso de non se producir esta, agás causa debidamente xustificada, se procederá á anulación da súa matrícula.
O alumnado tamén poderá solicitar de xeito voluntario a anulación da súa matrícula cunha antelación mínima dunha semana ao remate do período de matrícula. A praza vacante será cuberta polo alumnado en lista de espera, ata completar a cota asignada ao grupo.
2. A anulación da matrícula non computará para efectos de convocatorias consumidas.

Renuncias e baixas de matrícula nas modalidades presenciais

Artigo 7.
Renuncia á matrícula.
1. Co fin de non esgotar as catro convocatorias previstas para cada módulo profesional,poderase renunciar, con carácter xeral, por unha soa vez, á avaliación e á cualificación da totalidade dos módulos profesionais do ciclo formativo en que se formalizase a matrícula,
no caso do réxime ordinario, ou de forma parcial no caso do réxime de persoas adultas,
sempre que se dea algunha das seguintes circunstancias:
– Doenza prolongada de carácter físico ou psíquico, tanto do alumno ou da alumna como de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.
– Incorporación a un posto de traballo mediante un contrato de duración superior a dous meses, nun horario incompatible coas ensinanzas do ciclo.
– Obrigas de tipo familiar ou persoal que impidan a normal dedicación ao estudo.
A renuncia á matrícula sempre se deberá xustificar documentalmente.
Excepcionalmente, poderase renunciar máis dunha vez no caso de doenza prolongada de carácter físico ou psíquico, tanto do alumno ou da alumna como de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.
2. A aceptación da renuncia non implicará reserva de praza para o seguinte curso académico, de modo que para reincorporarse novamente a estes estudos, deberá someterse a un novo proceso de admisión.
Artigo 8.
Procedemento de solicitude de renuncia.
1. A solicitude de renuncia de matrícula, xunto coa documentación acreditativa, deberase presentar ante a dirección do centro educativo de acordo cos seguintes prazos erequisitos:
a) No caso de que todos os módulos sexan de formación no centro educativo (módulos de primeiro curso en réxime ordinario ou calquera módulo en réxime para as persoas adultas): cunha antelación mínima de dous meses á avaliación final de módulos correspondente.
b) No caso do alumnado de segundo curso en réxime ordinario, en que os módulos de formación de segundo curso se realicen no centro educativo e no centro de traballo: cunha antelación mínima de dous meses á data prevista como inicio do período ordinario da FCT.
2. O director ou a directora do centro resolverán no prazo máximo de dez días hábiles.
As renuncias nos centros privados e públicos non dependentes da consellería con competencias en materia de educación serán autorizadas pola dirección do centro público ao cal
están adscritos.
3. No relativo á renuncia ao módulo de FCT, terase en conta o establecido na súa normativa reguladora.

Renuncia, anulación e baixa de oficio de matrícula
1. Con independencia do réxime e do ano de inicio do ciclo, nas modalidades presenciais, a renuncia, a anulación e a baixa de matrícula rexeranse polo disposto nos artigos 7,8, 9 e 10 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.
2. Procederase á baixa de oficio cando un alumno ou unha alumna acumulen o númerode faltas inxustificadas a que se fai referencia no artigo 10 da citada Orde do 12 de xullo de 2011. Para tales efectos, e con carácter previo, o centro enviará un apercibimento a aquel alumnado que acumule un número de faltas de asistencia inxustificadas superior a 10 días lectivos. Nel indicarase a obriga de asistencia e que se procederá á súa baixa de matrícula no caso de que as súas faltas inxustificadas de asistencia representen 15 días lectivos consecutivos ou 25 días lectivos descontinuos. No caso de que se produza a baixa, na secretaría do centro deberá quedar constancia do apercibimento e da comunicación da baixa.
3. Para o alumnado matriculado logo de iniciadas as actividades lectivas, non se terán en consideración os días previos á formalización da matrícula.
4. No caso dos centros privados e públicos non dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a persoa titular da dirección enviará a director ou a directora do centro público ao que estea adscrito os documentos coa constancia do apercibimento e da comunicación da baixa ao alumnado para que sexa incluído no seu expediente.
5. Contra a resolución de baixa de oficio de matrícula o solicitante poderá presentar recurso de alzada perante o xefe ou xefa territorial no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. A devandita resolución esgotará a vía administrativa.

BOLSAS DE AXUDAS AO ESTUDO PARA O CURSO 2012/13
Convocatoria de bolsas e axudas
ao estudo de carácter xeral e de mobilidade, para o curso 2012-2013
para os estudantes que cursen estudos postobligatorios e superiores non
universitarios.
Prazo de presentación:
- Dende: 15 de agosto de 2012
- Ata: 01 de outubro de 2012
Tramitación
- A través de internet. www.educación.es
- Teléfono de información: 91 327 76 81
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)