13 de set. de 2012

Renuncia, anulación e baixa de oficio de matrícula

1. Con independencia do réxime e do ano de inicio do ciclo, nas modalidades presenciais, a renuncia, a anulación e a baixa de matrícula rexeranse polo disposto nos artigos 7,8, 9 e 10 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.
2. Procederase á baixa de oficio cando un alumno ou unha alumna acumulen o númerode faltas inxustificadas a que se fai referencia no artigo 10 da citada Orde do 12 de xullo de 2011. Para tales efectos, e con carácter previo, o centro enviará un apercibimento a aquel alumnado que acumule un número de faltas de asistencia inxustificadas superior a 10 días lectivos. Nel indicarase a obriga de asistencia e que se procederá á súa baixa de matrícula no caso de que as súas faltas inxustificadas de asistencia representen 15 días lectivos consecutivos ou 25 días lectivos descontinuos. No caso de que se produza a baixa, na secretaría do centro deberá quedar constancia do apercibimento e da comunicación da baixa.
3. Para o alumnado matriculado logo de iniciadas as actividades lectivas, non se terán en consideración os días previos á formalización da matrícula.
4. No caso dos centros privados e públicos non dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a persoa titular da dirección enviará a director ou a directora do centro público ao que estea adscrito os documentos coa constancia do apercibimento e da comunicación da baixa ao alumnado para que sexa incluído no seu expediente.
5. Contra a resolución de baixa de oficio de matrícula o solicitante poderá presentar recurso de alzada perante o xefe ou xefa territorial no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. A devandita resolución esgotará a vía administrativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario